axudas-para-a-adquisicion-de-material

A Xunta publica as axudas para facilitar a adaptación dos negocios do sector aos requirimentos de seguridade hixiénico-sanitaria contra a covid-19.

ACTUACIÓNS OBXECTO DAS AXUDAS

  • Medidas de protección aos empregados e clientes nos espazos de traballo
  • Adaptación das instalacións para reducir os contactos
  • Adquisición de medios de protección e hixiene
  • Instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e productos
  • Contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais
  • Adquisición de equipos ou realización de obras de mellora da ventilación e renovación do aire
  • Cartelería e puntos de información, físicos ou dixitais, sobre as medidas contra a covid-19
  • Mellora da capacitación dos traballadores á hora de aplicar os protocolos vixentes
  • De xeito excepcional, outras actacións para protexer a saúde de empresarios e clientes

IMPORTE SUBVENCIONABLE

  • Empresas de menos de 10 traballores: cobertura do 100% da actuación entre 300 e 1200€
  • Empresas de máis de 10 traballadores: cobertura do 80% da actuación con límite de 3000€

QUEN PODE OPTAR?

Pemes, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas (incluídos autónomos) ou agrupacións de bens que leven a cabo os proxectos e as actividades que motivan a subvención.

REQUISITOS

  • Desenvolver a súa actividade en Galicia
  • Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 50 traballadores
  • Estean dados de alta nalgún dos epígrafes incluídos na convocatoria

Concesión en función de inscrición ata o esgotamento do crédito

Poderán concederse anticipos do 50%, cun límite de 1500€ sen garantías

PRAZOS E INSCRICIÓN

Do 2 ao 31 de xullo

www.tramita.igape.es